O traballo feito por 4ºB
A revolta das pedradas, feito por Inés Pérez, Carlota López e Adela Carrera
Durante a Primeira Guerra Mundial, España aproveitouse dos países enfrontados grazas ao negocio de materias primas. Sen embargo, este crecemento económico perxudicou á poboación máis pobre pola subida dos prezos dos alimentos e os altos impostos do campesiñado. En 1913, inaugurouse o tren ata Ferrol, permitindo a chegada de produtos de interior e deixando sen traballo aos labregos e labregas locais.
En 1918, os altísimos custos non permitían comprar nin unha ducia de ovos co salario dun día de traballo. As protestas comezan no mercado de Xubia o 9 de marzo de 1918. Un grupo de mulleres intenta falar co alcalde de Narón, aínda que non o conseguen. Despois directamente cos comerciantes, pero tampouco están dispostos ao diálogo: dúas mulleres foron feridas cos seus tiros. Como resposta, as mulleres comezan a lanzar pedras contra os establecementos, o que deu nome á Revolta das Pedradas.
Uns días despois uníronse tamén as traballadoras da fábrica téxtil de Xubia, en protesta polas pésimas condicións de traballo e os baixos salarios. O día 10 houbo unha manifestación na que morreron dous nenos por disparos.
O 13 de marzo, tiveron lugar unha feria campesiña en Sedes e unha protesta diante da casa do alcalde, acusándoo de especular co prezo do trigo. A Garda Civil e algunhas tropas de infantería e cabalería dispararon contra as persoas manifestantes, provocando 7 mortos e decenas de feridos. O día seguinte, 6000 persoas marcharon en manifestación dende Ferrol ata Sedes.
O 15 de marzo comezou unha folga xeneral en Ferrol. Tamén se declarou o estado de excepción e chegaron máis soldados á zona, aínda que xa se retiraron o 18. Posteriormente, en abril e tras un cambio do Gobierno Central, concedeuse unha amnistía. O xefe da garda municipal e os alcaldes de Ferrol e Narón víronse obrigados a dimitir, mais as 30 mulleres encarceradas continuaron privadas da súa liberdade.
Pese ás leccións que nos dá a Revolta das Pedradas sobre o feminismo e a loita obreira polas inxustizas, este acontecemento foi silenciado, xunto con moitos outros actos de sublevación da época. En parte, isto debeuse ao réxime franquista dos anos posteriores. Afortunadamente, hoxe en día hai iniciativas como a Comisión da Revolta Popular de 1918 que intentan manter estos recordos na memoria colectiva.
Aurora Rodríguez Carballeira, feito por Aurelio Oca, Rubén Lorenzo, Adrián Pena e David Ríos
Concepción Arenal, feito por Ester Acebrás, Inés Santalla e Erika Gómez
Naceu en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820, primeira filla do matrimonio formado por María Concepción de Ponche e don Ángel do Arenal, membros de familias galegas e santanderinas. A ideoloxía do seu pai, firme defensor do liberalismo, e o seu prematuro falecemento marcará o carácter de Concepción Arenal. Del aprenderá a manter firmes as súas conviccións persoais e a loitar polo que cre xusto. Tras a morte do seu pai, Concepción areal, a súa nai e as súas dúas irmás múdanse á casa da súa avoa paterna en Armaño, unha pequena vila de Santander. Estiveron a vivir alí ata 1835, aínda que en 1830 morreu a súa irmá pequena. En 1835 dona Concepción Ponche decide trasladarse á Corte para que as súas dúas fillas, Concha e Tonina, reciban a educación propia dunhas señoritas. Isto non satisfai a Concepción Arenal xa que durante toda a súa vida gozara dunha vida sen prexuízos sociais e en constante contacto coa natureza. Nos anos nos que estivo en Madrid aprendeu soa italiano e francés, do mesmo xeito que sentía atraída pola lectura de libros sobre ciencias e filosofía. Durante os cursos de 1842-43, 1843-44 e 1844-45 Concepción Arenal asistirá vestida de home a algunhas clases de Dereito na Universidade. Pero non cursou a carreira, nin fixo exames, nin alcanzou ningún título, pois nesta época as aulas universitarias estaban reservadas exclusivamente para os homes. Alí coñece a Fernando García Carrasco, co que casa o 10 de abril de 1848, a pesar da diferenza de idade de case quince anos entre eles. Tiveron tres fillos, dos que sobreviviron os dous menores, Fernando (1850) e Ramón (1852), pois a maior, Concepción (1849), faleceu aos dous anos de idade.As preocupacións sociais e humanitarias de Concepción Arenal iniciaron a súa carreira como escrtitora. Comeza a escribir en ensaio, escribe o seu primeiro libro "A Beneficencia, a Filantropía e a Caridad" (1860) o cal pon de autor ao seu fillo Fernando o cal na epoca só tenia 10 anos. Ou seu libro sera premiado pola Academia de Ciencias Morais e Políticas a pesar de que a sua indentidade estivese baixo a identidade do seu fillo por primeira vez na historia da Academia concédese o premio a unha muller, xa que os seus membros foron conscientes da importancia do traballo ao analizar uns conceptos que naquela época estaban pouco claros. Finalmente Concepción Arenal morre o 4 de febreiro do 1893 en Vigo. Concepción Aremal tiña 73 anos cando morreu.
Esther Benítez, feito por Alicia Jesús